Blogia
Andresadas

O peor director de tódolos tempos...

Edward D. Wood Jr... Máis coñecido coma Ed Wood, foi un director de cine do máis peculiar e apaixoado. Quizais non tiña os medios, o equipo, os actores, as millores técnicas, pero a súa ilusión superaba con creces o seu talento. Era capaz de realizar máis de trinta esceas nunha soa noite. Dicir corten sen pestanexar quedara como quedara ó final, para el o importante era acaba-la película canto antes...

Foi un grande amigo do millor Drácula de tódolos tempos: Bela Lugosi, actor que interpretou en tres das súas películas (a terceira foi rematada por un dobre) o papel protagonista. Buscou actores entre os seus amigos, outros lle eran asignados polas produtoras (cousa que el detestaba). A súa primeira moza interpretou tamén outros dous papeis nas súas dúas primeiras películas: Glen or Glenda e A noiva do monstruo (título que lle foi cambiado pola súa produtora, xa que el quería títula-la película A noiva do átomo).

Tan só tiven a oportunidade de ve-la súa primeira película, Glen o Glenda, e pódovos dicir que é mala, pero non tanto como poidades imaxinar... Os curiosos fundidos de Bela cunha estampida, os lóstregos no meio do filme... Aconsévollos que vexades a película de Tim Burton protagonizada por Johnny Depp titulada Ed Wood, porque enteredes perfectamente como era a paixón do director, como realizaba as películas... Aprenderedes como é o amor ó cine.

 

0 comentarios